miércoles, 30 de enero de 2008

Valoración webs (Uxía Bereijo Piñón)

IMARGÍNATE

- Deseño: moi orixinal polo emprego dos debuxos
- Contido: divertido e “freak”
- Cor e tipografía: quizais empregan demasiadas cores, o que pode chegar a cansar. O tamaño e estilo da tipografía é o axeitado, xa que é facilmente comprensible
- Estrutura: en xeral está ben estruturada e os contidos poden verse claramente
- Navegación: doada, aínda que ás veces pode resultar algo confusa ó empregar varios menús: o horizontal (só nalgunhas seccións), o vertical e os extras.
- Aspectos positivos: a utilización de distintas cores de fondo para cada sección paréceme un acerto. Ademais, os numerosos enlaces con vídeos, as animacións e outros recursos fan a visita da páxina moito máis amena. Os enlaces a myspace, fotolog, etc.
- Aspectos negativos: pode chegar a ser algo caótica, debido ó gran número de contidos cos que conta.
- Nota global: 8.75


THE SICK ROOM

- Deseño: emprega unha estética moi acorde cos seus contidos
- Contido: moi orixinal, aínda que resultan algo escasos
- Cor e tipografía: as cores empregadas son moi acordes coa temática da páxina. A tipografía tamén, aínda que se emprega pouco texto
- Estrutura: os niveis do xogo están ben estruturados
- Navegación: vese dificultada polas barras de desprazamento, sobre todo a horizontal
- Aspectos positivos: o xogo permite a interactividade co usuario e pódese ver claramente o contido de cada sección
- Aspectos negativos: hai dificultade para ver algunhas imaxes, unha vez comezado o xogo non se pode retroceder a través do menú e quizais ten unha excesiva dependencia dos vídeos
- Nota global: 7.5


UNIVERSO SAP

- Deseño: o plantexamento da integración de tres universos distintos é moi interesante
- Contido: paréceme algo escaso e sen relación entre as distintas seccións
- Cor e tipografía: empregan unha gama moi ampla de cores, o que vai acorde coa páxina. A tipografía vese con claridade.
- Estrutura: está ben construída e cun fácil acceso ó menú
- Navegación: é doada, gracias ás opcións que hai dentro de cada universo de acceder ó menú principal
- Aspectos positivos: as animacións de flash e os debuxos
- Aspectos negativos: a páxina inicial non ocupa toda a pantalla e aparece aliñada na parte esquerda. Ademais, os contidos non resultan moi interesantes.
- Nota global: 7


OS FEITIZOS DA MEIGA

- Deseño: bo, aínda que a páxina de inicio me parece bastante recargada
- Contido: interesante e divertido
- Cor e tipografía: a cor paréceme a axeitada para o tema a tratar e a tipografía é claramente lexible
- Estrutura: ben estruturada no referente ós contidos. En cada sección distínguense perfectamente os contidos que se van a tratar
- Navegación: é doada porque permite acceder ó menú principal dende calquera parte da páxina. Ademais, algunhas seccións dispoñen dun botón para subir ó comezo da páxina, o que facilita a navegación.
- Aspectos positivos: a interacción co usuario que permite o foro, a imaxe da meiga sempre presente como símbolo da páxina
- Aspectos negativos: quizais se botan en falta máis imaxes e algunha que outra animación
- Nota global: 7.5


DIVISIÓN PAQUITO

- Deseño: orixinal e impactante
- Contido: idea moi orixinal, a dobraxe dos vídeos é moi divertida
- Cor e tipografía: o emprego dunha cor distinta para cada sección permite que o usuario distinga as seccións. A tipografía é algo difícil de ler.
- Estrutura: ben estruturada, mantendo o mesmo deseño para tódalas seccións
- Navegación: doada porque o menú aparece en tódalas seccións
- Aspectos positivos: o vídeo da introducción e a sección de descargas
- Aspectos negativos: a situación do menú na parte inferior dereita e a música da páxina principal, que pode chegar a cansar
- Nota global: 8


ELLATV

- Deseño: acorde cos contidos da páxina
- Contido: moi orixinal, parece a páxina web dunha serie de verdade
- Cor e tipografía: unha cor representativa para cada unha das protagonistas da serie facilita a identificación por parte do usuario
- Estrutura: permite acceder ó menú principal dende calquera sección
- Navegación: doada gracias ó menú que aparece en tódalas seccións
- Aspectos positivos: os productos para descargar dotan de maior realismo á páxina, os vídeos de creación propia e a animación do principio
- Aspectos negativos: as cores non me parecen as máis axeitadas, sobre todo o ocre, parece que requeriría unhas cores máis vivas
- Nota global: 8.5


GELATINA

- Deseño: acrode coa estética da súa marca, aínda que quizais bastante sinxelo
- Contido: a información que ofrece sobre a marca é moi completa
- Cor e tipografía: empregan unha ampla gama de cores, acordes coa imaxe da súa marca. A tipografía é clara.
- Estrutura: sinxela e fácil de manexar para o usuario
- Navegación: fácil porque existe la opción de volver ó menú de inicio desde cualquiera lugar da páxina
- Aspectos positivos: a animación inicial e o uso de debuxos, sobre todo os patróns dos deseños
- Aspectos negativos: a utilización da barra de desprazamento para poder ver todo o menú na sección de colección
- Nota global: 8


NICOTINA NO CONDÓN

- Deseño: austero e sinxelo, acorde co contido da páxina
- Contido: non moi orixinal
- Cor e tipografía: a cor e o tipo de letra contribúen a crear unha imaxe da páxina que se mantén en tódalas seccións
- Estrutura: menú ben estruturado que nos permite coñecer con claridade o contido de cada sección
- Navegación: é fácil gracias ó menú lateral que se mantén en tódalas seccións
- Aspectos positivos: a creación dunha imaxe propia
- Aspectos negativos: pouco atractiva
- Nota global: 7


O SACHO

- Deseño: moi acorde coa temática da páxina
- Contido: non moi orixinal, aínda que resulta atractivo
- Cor e tipografía: a tipografía é claramente lexible e a cor verde dá unha imaxe uniforme a toda a páxina
- Estrutura: a páxina está moi ben estruturada e os temas distínguense facilmente
- Navegación: fácil gracias ó menú da parte esquerda da páxina e á opción de volver ó inicio
- Aspectos positivos: as posibilidades de interacción co usuario a través do foro e a sección de contacto e os enlaces a outras páxinas
- Aspectos negativos: o tema non resulta demasiado atractivo
- Nota global: 7.5


NUESTROS 90

- Deseño: moi acorde coa época da que trata
- Contido: moi divertido, aínda que nos fai sentir vellos
- Cor e tipografía: emprega multitude de cores ó igual que nos 90 e a tipogafía pode entenderse facilmente
- Estrutura: as seccións están moi ben estruturadas
- Navegación: sinxela gracias ó menú lateral que permite volver ó inicio en calquera ocasión
- Aspectos positivos: contidos amenos, vídeos e animacións nos menús, a disposición dos menús dentro de cada sección é moi original e tamén a incorporación de música
- Aspectos negativos: a multitude de cores pode resultar demasiado recargada e algunhas seccións teñen textos demasiado longos
- Nota global: 9


TUNIC_A_REVISTA

- Dependendo da resolución da pantalla algunhas imaxes móntanse sobre o texto, os contidos non aparecen centrados e aparecen barras de desprazamento.
- Quizais algunhas seccións necesitarían máis contidos.
- As cores son o símbolo da páxina, o que lle dá unha boa imaxe.
- O menú principal permite unha fácil navegación, xa que é fácil cambiar de sección.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Os seguintes enderezos son sobre animacións
http://www.atomiccartoons.com/
http://brokensaints.com/blog/
http://www.flinch.com/
http://es.kubrick2001.com/
http://www.labutaca.net/films/8/wakinglife.htm

Por favor, escribir unha entrada avisando que a bitácora non se vai actualizar. Grazas.

Anónimo dijo...

A valoración numérica global tamén formaba parte da vosa autocrítica.
mol