martes, 22 de enero de 2008

Libro de Estilo

- Resolución de la pantalla: 1024 x 768

- Diagramación e elementos básicos: como elementos identificativos, a nosa páxina conta cunha cabeceira na parte superior formada polo logo, a imaxe das fundadoras da web, unha animación promocional e as etiquetas que indican ó usuario a sección na que se atopa en cada momento. Debaixo desta cabeceira, atópase un menú desplegable que permite acceder a cada unha das seccións da web. Como último elemento básico, a páxina conta cunha animación (tamén de carácter promocional) na parte esquerda da páxina.

- Estrutura da páxina: A nosa páxina conta cunha barra de desplazamento para movernos en sentido vertical.

- Utilización de táboas, capas e marcos: Para a inserción de textos optamos por integralos en capas. Para a inserción de imaxes, tivemos que recorrer á súa inserción en capas e táboas (para poder modificar facilmente lo seu tamaño).

- Cores identificativos do proxecto: Son o verde (#359e2d), o rosa ( #eb2198), que corresponden ás cores corporativas - que vemos no fondo, no logo e no menú-, o branco -para a cabeceira e o menú-, e o negro - para a tipografía-.

- Tipografía: Bernard Mt Condensed.

- Uso e características das imaxes: As imaxes empréganse como apoio dos textos, na cabeceira e con función independente (ó configurar a animación). As que forman parte dos rasgos corporativos están en branco e negro, mentres que as que forman parte do contido van en cor (salvo nas seccións chico tunis e rodando).

- Uso e características do son: Túnicarevista non emprega ningún son identificativo na súa páxina web.

- Uso e características do vídeo: Como elementos de vídeo, incluímos a posibilidade de visionar dende a páxina o corto-documental promocionado: Son de Alá, mediante un enlace á súa páxina de youtube.

- Actualización de contidos: De ser unha proposta real, a nosa web actualizaríase unha vez ó mes (coincidindo coa edición mensual en papel da revista).

- Recursos interactivos: A nosa páxina ofrece a interacción co público mediante concursos e participación a través de mensaxes ó móvil. Tamén conta con enlaces ó youtube.

- Información complementaria: A páxina foi creada entre novembro do 2007 e xaneiro do 2008.
Datos de contacto: Equipo Tunic S.L., Santiago de Compostela
Email: tunicc@gmail.com

A información restante atópase nas entradas Economía do proxecto (22 de xaneiro) e Informes 1 (18 de outubro).

No hay comentarios: